Saen a poxa o chalé de Laureano Oubiña e o seu terreo a pé de praia en Sanxenxo

O Salnés
23 de novembro 2014

Segundo informa a Sociedad Estatal de Gestión Inmobiliaria de Patrimonio (Segipsa) o prezo de saída da poxa da casa da Laxe é de 366.000 euros e o do terreo de Sanxenxo é de 491.722 euros

Finca en Bordóns
Finca en Bordóns

O próximo día 10 de decembro o Plan Nacional sobre Drogas sacará a poxa distintas propiedades comisadas aos seus donos despois de que estes fosen condenados por delitos de narcotráfico ou branqueo de diñeiro.

Entre a relación de 28 lotes de bens repartidos por España encóntranse dúas propiedades do narcotraficante arousano Laureano Oubiña: o seu chalé da Laxe, en Vilagarcía; e un terreo urbanizable de Nanín, en Sanxenxo.

Segundo informa a Sociedad Estatal de Gestión Inmobiliaria de Patrimonio (Segipsa), o prezo de saída da poxa da casa da Laxe é de 366.000 euros e o do terreo de Sanxenxo é de 491.722 euros.

A poxa terá lugar dende as 10 horas do 10 de decembro no hotel Wellington de Madrid. Será presencial, aínda que tamén se poden presentar ofertas por escrito.