"Eu creo que pode ser unha reunión, se non definitiva, pois practicamente definitiva," así de optimista mostrouse o presidente da Comunidade de Montes de Salcedo, Fernando Pintos, tras o encontro mantido este mércores co xeneral de División, José Manuel Gordillo Álvarez-Valdés, Subdirector de Patrimonio do Ministerio de Defensa na negociación polo canon dos terreos que ocupa a Brigada Lixeira Aerotransportable (Brilat). Igualmente fontes oficiais do Ministerio de Defensa trasladaron a súa satisfacción ao remate dos encontros "han ido bien, estamos avanzando", dixeron.
"A reunión foi correcta, como deben ser ás reunións, de debate sobre todos os temas e respectándose", sinalou Pintos, tras recordar que o deste mércores é o quinto encontro que mantén a comunidade de Salcedo e que xa coñecían ao seu interlocutor doutras dúas reunións anteriores en Madrid.
Sobre a mesa de negociación, os comuneros puxeron "dúas cantidades", e agora agardan que chegue unha resposta por parte de Defensa, "estamos pendentes de que nola traian, pero o prazo e curto. No momento en que nola dea decidiremos. Pensamos que pode haber acordo se nos dan a resposta que nos queremos".
Fernando Pintos recordou que o canon vai ser o mesmo para as catro comunidades e que a superficie tamén se vai manter "van respectar ás nosas 60 hectáreas".
Os voceiros de Defensa pediron aos comuneros que non fixeran públicos os prezos que están a negociar ata que llelo comuniquen a Madrid "para que non haxa malos entendidos como a outra vez".
Sobre este último aspecto, Pintos sinalou que "aclaramos o malentendido, din que foi un erro por parte dás persoas que viñeron aquí, que deron unha cifra que non deberon dar".
Este mércores a Salcedo, ao igual que ao resto de comunidades tamén se lles ofreceu 0,15 euros por metro cadrado, ou o que é o mesmo 1.500 euros por hectárea, "pero como a nos xa nos ofreceran 0,20 agora andan outras cantidades polo medio que son ás que nos agardamos resposta", dixo Fernando Pintos.
VILABOA
Antes de Salcedo, a primeira hora da mañá acudiu á Subdelegación de Defensa na Alameda de Pontevedra, a directiva da comunidade de Vilaboa. Á saída, o presidente dos comuneros, Xabier Míguez, tamén valorou o encontro como "moi positivo" e destacou a súa "cordialidade".
O exalcalde de Vilaboa tamén desvelou a cantidade ofrecida polos negociadores do Exército, "0,15 euros pero no pedimos 0,20 euros por metro cadrado", sinalou Míguez, o contido desta reunión será analizado pola xunta reitora e despois pola asemblea.