San Antoniño súmase ao Plan de Compostaxe

Barro
01 de setembro 2016

Durante este mes de setembro o Concello de Barro poñerá en marcha a súa primeira experiencia no plan posto en marcha pola Deputación habilitando un composteiro comunitario no lugar de San Antoniño

Composteiros no Príncipe Felipe Mónica Patxot

O Concello de Barro poñerá en marcha durante este mes de setembro a súa primeira experiencia dentro do Plan de Compostaxe que promove a Deputación.

Concretamente será no lugar de San Antoniño, onde os veciños mostraron interese en participar no proxecto.

Por ese motivo instalouse un composteiro comunitario xunto ao centro de saúde. Alí terá lugar unha reunión o vindeiro luns 5 de setembro (20:30 horas) cos veciños e usuarios interesados en saber como tratar os residuos e aclarar calquera dúbida.

O obxectivo final do Concello de Barro é mellorar a xestión do lixo e poder reducir os envíos a Sogama, buscando por unha banda aforro económico e por outro un maior respecto polo medio ambiente. Estas accións complétanse co incremento de colectores de recollida selectiva para envases, papel e vidro.