San Roque e San Sebastián reciben tamén invocacións en lingua de signos

Pontevedra
11 de agosto 2020

Membros de XOGA, a Organización de Diversidade Sensorial de Galicia, puxeron de manifesto as dificultades que  persoas con perda  auditiva, xordas e  sordociegas, están a ter desde o inicio da pandemia

Rafael Barroso Sánchez e Pilar Iglesias Fernández, membros de XOGA
Rafael Barroso Sánchez e Pilar Iglesias Fernández, membros de XOGA / Parroquia de Santa María la Mayor

Pilar Iglesias Fernández e Rafael  Barroso Sánchez, membros de  XOGA, a Organización de Diversidade Sensorial de Galicia, foron este martes os encargados da invocación a San Roque e San Sebastián na novena extraordinaria que continúa en Santa María a Maior de Pontevedra. Ambos, con perda  auditiva realizaban a intervención en lingua de signos.

Durante esta invocación aos santos deixaban constancia das dificultades, ás que a maiores do resto da poboación, levan facendo fronte por carencia de máscaras transparentes, falta de información con subtítulos, en lingua de signos ou intérpretes, en todos os ámbitos,  incluído o sanitario. Por iso, pediron máis comprensión e empatía á sociedade, así como maior sensibilidade nas administracións públicas "para que rompan dunha vez por todas co illamento en que nos sumiu a pandemia global".

Estas novenas extraordinarias continuarán ata o vindeiro venres 14 de agosto. Polas mañás ás 11.00 horas na Real Basílica de Santa María a Maior, coa correspondente invocación; e polas tardes ás 19.00 horas na propia Capela de San Roque. 

Mañá mércores está previsto que a innovación corra a cargo Ana Belén Rial Nieto, que dirixirá as súas palabras en representación do sector da limpeza.