San Roque recupera a súa procesión

Pontevedra
17 de agosto 2022

O mal tempo non detivo este xoves 16 de agosto a popular procesión de San Roque, que tras uns anos afectada pola pandemia volveu a celebrarse con normalidade polas rúas da cidade

Procesión de San Roque 2022 Cristina Saiz

O mal tempo non detivo este xoves 16 de agosto a popular procesión de San Roque, que tras uns anos afectada pola pandemia volveu a celebrarse con normalidade polas rúas da cidade.

A marcha partiu da Basílica de Santa María a Maior tras a misa de 20.00 horas, percorrendo a Rúa Ferreiros, Afonso XIII e Paseo de Colón ata chegar á capela de San Roque.

Acompañada de fieis, a imaxe do santo percorreu así as rúas da cidade nunha marcha que concluíu coa queima das tradicionais Madamitas.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora