San Xoán espanta o 'meigallo' á calor das fogueiras

Pontevedra
24 de xuño 2024

A fogueira organizada pola Asociación Veciñal A Pedreira nos terreos de Tafisa congregou un bo número de pontevedreses, mentres que a da Seca en Poio foi como cada ano uno dos grandes puntos de atención da comarca. Hoguera, sardiñada, música e malabares era a proposta de Caldas

Fogueiras na noite de San Xoán
Fogueiras na noite de San Xoán / Cristina Saiz

Os pontevedreses espantaron todos os 'meigallos' posibles durante a noite máis máxica do ano, a das fogueiras de San Xoán.

Na Boa Vila autorizáronse 153 cacharelas, unha decena delas organizadas por entidades veciñais e sociais.

Destacou por numerosa a proposta da Asociación Veciñal A Pedreira nos terreos da antiga Tafisa, ao bordo do río, á que se achegaron moitos veciños para gozar de sardiñas, chourizos á brasa, a música dunha foliada e por suposto, do lume purificador da fogueira de San Xoán.

Tamén organizaban fogueiras a Cultural de Mourente, Cultural da Piolla, Amigos do Camiño Portugués, O Mirador de Monte Porreiro, Casino Mercantil, Asociación Recreativa de Xeve, Asociación de Veciños de Ponte Muíños, Salcedo Norte e a Comisión de Festas de San Cibrán de Tomeza.

POIO, UN DOS GRANDES PUNTOS DE ATENCIÓN DA COMARCA

Como cada ano a proposta do Concello de Poio na zona da Seca foi un dos grandes puntos de atención para difrutar das fogueiras, cunha gran cacharela que completaba a tradicional sardiñada. Todo iso amenizado pola verbena de Los Players, e é que Poio atópase en plenas festas patronais. 

No seu caso o goberno local autorizou un total de 200 fogueiras en todo o municipio.

SANXENXO, NAS PRAIAS

No caso de Sanxenxo tramitáronse un total de 266 permisos para a celebración de cacharelas. Ata 23 delas tiveron lugar en lugares públicos, con especial atención nas praias.

Así Caneliñas foi escenario de dez lumes, seis realizáronse en Silgar, un na Panadeira e outras seis tiveron como lugar outros espazos públicos.

'FESTA RACHADA' EN CALDAS

Hoguera, sardiñada, música e malabares era a proposta tamén de Caldas de Reis, unha das máis completas da zona tras asumir o Concello a organización da celebración que impulsaba a veciñanza e os hostaleiros da contorna do río Bermaña.

Ademais dun taller sobre as herbas de San Xoán, a xornada contaba con concerto do grupo 'Abril' previo ao aceso, o espectáculo de lume 'Fire performance' con malabares a carago da compañía Asacocirco e outro concerto tras a gran fogueira a cargo de 'Catuxa Salom', ademais dunha sardiñada popular.