Sanean unha parcela do Gafos con miras a convertela nunha nova área de lecer

Pontevedra
05 de setembro 2019

Infestada de silvas. Así estaba unha parcela próxima ao Gafos, na zona de Ponte Nova, que o Concello de Pontevedra decidiu recuperar. O obxectivo, segundo o goberno municipal, será convertela nunha nova área de lecer e esparexemento

Traballos de roza nunha parcela do Gafos
Traballos de roza nunha parcela do Gafos / Concello de Pontevedra

Infestada de silvas. Así estaba unha parcela próxima ao Gafos, na zona de Ponte Nova, que o Concello de Pontevedra decidiu recuperar. O obxectivo, segundo o goberno municipal, será convertela nunha nova área de lecer e esparexemento.

Operarios municipais realizaron os traballos de roza e limpeza na leira, que se atopaba en mal estado e con silvas que chegaban aos dous metros de altura.

A parcela, que ten algo máis de 100 metros cadrados, alberga un vello muíño e unha antiga estrutura que, segundo os veciños, era empregada como tinturería. 

O edil de Medio Natural, Iván Puentes, avanzou que falará con Augas de Galicia e patrimonio para coñecer o valor patrimonial e histórico desa especie de alpendre.

Se carece de valor, engadiu o socialista, derrubaríase esa estrutura anexa ao muíño e crearíase esta nova área de esparexemento.

Esta é a segunda actuación que o Concello realiza nas marxes do Gafos ao seu paso por Ponte Nova nas últimas semanas.