Sanidade organiza un cribado na Lama para persoas de 15 a 40 anos

A Lama
23 de agosto 2021

O aumento dos positivos por covid-19 na Lama levou ás autoridades sanitarias a organizar un cribado masivo no municipio. Estarán citadas unhas 430 persoas de 15 a 40 anos. As probas nasofarínxeas PCR levaranse a cabo o xoves 26 de agosto entre as 9 e as 14:30 horas

Cribado no concello da Lama
Cribado no concello da Lama / Servizo Galego de Saúde

O aumento dos positivos por covid-19 na Lama levou ás autoridades sanitarias a organizar un cribado masivo no municipio. Estarán citadas unhas 430 persoas de 15 a 40 anos.

As probas nasofarínxeas PCR levaranse a cabo o xoves 26 de agosto entre as 9 e as 14:30 horas nas instalacións que se habilitarán no multiusos da Lama.

Os resultados negativos serán comunicados aos asistentes por SMS mentres que os positivos detectados realizaráselles unha chamada telefónica desde a área sanitaria de Pontevedra.

Coa intención de localizar o máximo número posible de persoas asintomáticas con capacidade de espallar o coronavirus, as autoridades sanitarias e municipais fan un chamamento á poboación para acudan a facerse as probas.

Esta iniciativa sanitaria, segundo o alcalde Jorge Canda, realízase coa intención de frear o número de contaxios existentes no municipio a través da detección dos asintomáticos.