As primeiras persoas citadas en Pontevedra menores de corenta anos xa teñen administrada a primeira dose da vacina contra a covid-19 desde este domingo.
En total, 4.200 cidadáns acudiron ao Recinto Feiral de Pontevedra para recibir, como estaba previsto, a primeira dose de Pfizer. Xunto a eles tamén se vacinou a outras 2.000 no recinto de Fexdega de Vilagarcía, pola mañá ás nadas no ano 81 e pola tarde, ás do ano 82.
Trátase dunhas cifras que cumpren coa previsión que fixera Sanidade de citar a 24.000 cidadáns nesta última semana, administrando, máis concretamente, 2.110 dose de AstraZéneca o luns 28 de xuño, e, o mércores 30, 13.600 da primeira dose de Pfizer e 8.298 da segunda.
Ademais, para este luns chamaron a vacinarse coa segunda dose de AstraZéneca a 2.320 persoas de 60 e 69 anos en Pontevedra e a 500 en Vilagarcía, mentres que o martes e o mércores a previsión é poñer a primeira dose de Pfizer á poboación de 30 a 39 anos.
Finalmente, o xoves, venres e sábado, faranse xornadas de segundas doses de Pfizer en poboacións de 40 a 49 e tamén en maiores de 60 anos.