Sanitarios, ambulancias e veciñanza fúndense nun aplauso colectivo ante o Hospital Provincial

Pontevedra
27 de marzo 2020

Ocorreu, como é habitual, ás oito da tarde. De súpeto empezaron a chegar ambulancias que chamaron a atención de cidadáns e dos sanitarios que, por dispoñibilidade, podían saír á rúa uns minutos nese momento. Finalmente, foi unha homenaxe conxunta para darse ánimos mutuamente

Aplauso do persoal sanitario ante o Hospital Provincial / Diego Torrado

Os aplausos dos veciños de Pontevedra ao persoal sanitario que levan soando desde o inicio da emerxencia sanitaria do coronavirus teñen cada día unha variante diferente. Este xoves convertéronse nun aplauso colectivo no que non só das xanelas e balcóns situados nas inmediacións do Hospital Provincial saíron palmadas de apoio aos traballadores deste centro sanitario senón que estes mesmos empregados saíron á rúa tamén para facer o mesmo xesto e uníronse profesionais que traballan en ambulancias e voluntarios de Protección Civil

Ocorreu, como é habitual, ás oito da tarde. De súpeto empezaron a chegar ambulancias que chamaron a atención de cidadáns e dos sanitarios que, por dispoñibilidade, podían saír á rúa uns minutos nese momento. Finalmente, foi unha homenaxe conxunta para darse ánimos mutuamente ante a situación de alerta sanitaria