Os directivos da Federación Estatal de Técnicos de Educación Viaria (FETEVI) mantiveron unha reunión co alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita e coa concelleira de Seguridade Cidadá, Vanessa Rodríguez para tratar os detalles das undécimas Xornadas Estatais de Educación Viaria, que por primeira vez realizaranse en Galicia e que contará con Sanxenxo como a sede das actividades prácticas.
Estas Xornadas desenvolveranse baixo o título de "Novas tecnoloxías aplicadas á mobilidade sustentable e segura" durante os días 27, 28 e 29 de abril. Este evento atópase destinado a profesionais relacionados coa educación e a seguridade como é o caso de policías, bombeiros, membros de Protección Civil e persoal docente. O obxectivo é mostrarlles as últimas novidades relacionadas co sector da seguridade.
A xornada que se celebrará en Sanxenxo centrarase na tecnoloxía aplicada á seguridade para finalizar coa elaboración dun decálogo de actuación.
Desenvolveranse talleres de educación viaria coa participación de escolares de diferentes colexios do municipio e na Praza do Mar analizaranse as novas tecnoloxías aplicadas á seguridade na estrada. A organización traballa coa idea de exhibir drons, simular o envorco de vehículos e a posta en marcha dun taller de bicicletas.