Sanxenxo adianta a este sábado a chegada dos socorristas ás súas praias

Sanxenxo
28 de xuño 2024

O goberno municipal adoptou esta decisión ante o bo tempo que se espera para os próximos días, o que vaticina unha chegada masiva de turistas e visitantes

 

socorristas Mónica Patxot

Dous días antes do previsto, é dicir este sábado 29 de xuño, Sanxenxo activará o servizo de socorrismo nas dezasete praias que lucirán este verán a bandeira azul.

O goberno municipal adoptou esta decisión ante o bo tempo que se espera para os próximos días, o que vaticina unha chegada masiva de turistas e visitantes.

Así, un total de 83 socorristas comezarán coas tarefas de vixilancia nestes dezasete areais. Estarán operativos de 12:00 a 20:00 horas.

Os baños xa están abertos desde o pasado día 15 de xuño, igual que a limpeza programada destas instalacións cada hora e media.

Agora tamén se poñerán en marcha os lavapes, avanzan desde o Concello.