Sanxenxo anuncia que esta semana haberá socorrista na praia de Bascuas

Sanxenxo
18 de xullo 2015

As condicións desta praia convírtena nunha prioridade para o Goberno local, que quere garantir a seguridade dos usuarios coa presenza de socorristas. A virulencia das correntes neste areal e en Paxariñas e Caneliñas, sumado ao seu desnivel e á masiva afluencia de bañistas, é o que levou ao Goberno local a darlle preferencia á apertura destes postos, a pesar de tratarse de praias sen bandeira azu

Socorristas na praia de Pragueira
Socorristas na praia de Pragueira / Concello de Sanxenxo

As críticas realizadas polos usuarios da praia de Bascuas nas últimas semanas pola ausencia dun socorrista no areal tiveron resposta. O Concello de Sanxenxo anuncia que a incorporación de dous novos socorristas ao equipo permitirá que o posto poida abrirse ao longo desta semana.

Segundo explican, as condicións desta praia convírtena nunha prioridade para o Goberno local, que quere garantir a seguridade dos usuarios coa presenza de socorristas. A virulencia das correntes neste areal e en Paxariñas e Caneliñas, sumado ao seu desnivel e á masiva afluencia de bañistas, é o que levou ao Goberno local a darlle preferencia á apertura destes postos, a pesar de tratarse de praias sen bandeira azul.

O Concello ten dado a coñecer este sábado, a través dun comunicado, que mantén abertos un total de doce postos de socorristas nas praias de Areas, Silgar, Baltar, Caneliñas, Canelas, Paxariñas, Montalvo, Pragueira, Major, Foxos, Areas Gordas e Lapa e Espiñeiro. Os doce areais teñen os seus postos de vixilancia abertos de forma permanente e así seguirán durante todo o verán.

Fontes municipais indicaron que a pesar de non poder cumprir o prazo dado pola ADEAC, que finalizou o 10 de xullo, para a incorporación dos 52 socorristas que estaba previsto contratar, os procesos de selección continuaranse e irán sumando ao equipo de Salvamento en Praias a medida que se encontren profesionais dispoñibles.

Ademais, recordan que o actual Goberno local tomou posesión o pasado 13 de xuño, momento no que o Executivo anterior xa realizara dous procesos de selección, ao quedar vacantes na primeira convocatoria máis dunha vintena de prazas. De feito, critican que a dotación do persoal para praias é unha cuestión na que o anterior Executivo "demostrou certa falta de previsión", xa que debería estar polo menos seleccionado no mes de maio, tendo en conta a importancia deste aspecto.

O Goberno local xustifica que adoptou a decisión máis responsable de todas as posibles, que foi abrir os postos de socorristas nas praias que a priori son máis perigosas e que requiren unha especial atención en salvamento e comunicar á ADEAC que non izará este verán as bandeiras azuis nas tres praias nas que non puido garantir a presenza de socorristas antes do 10 de xullo.