Sanxenxo cambia de sentido á rúa Ramón Cabanillas para "facilitar a prioridade peonil de Silgar"

Sanxenxo
17 de xuño 2020

O Concello de Sanxenxo acaba de anunciar que "co obxectivo de mellorar a fluidez de tráfico no centro urbano" e tamén "facilitar a prioridade peonil de Silgar" que se poñerá en marcha este verán, cambia de sentido o tráfico da rúa Ramón Cabanillas que, a partir de agora, terá saída pola Avenida Luís Rocafort

Telmo Martín camiñando polo Paseo de Silgar
Telmo Martín camiñando polo Paseo de Silgar / PontevedraViva

O Concello de Sanxenxo acaba de anunciar que "co obxectivo de mellorar a fluidez de tráfico no centro urbano" e tamén "facilitar a prioridade peonil de Silgar" que se poñerá en marcha este verán, cambia de sentido o tráfico da rúa Ramón Cabanillas que, a partir de agora, terá saída pola Avenida Luís Rocafort.

O Goberno local considera que desta forma, mellórase a reordenación de vehículos, axilízase o tráfico ao manter o sentido continuo desde Fonte de Ramos e evítase a saturación do Paseo de Silgar.

Outro dos cambios que se vai a realizar será habilitar como zona de carga, descarga e servizos o tramo máis comercial da Rúa Vidal Rocha. Neste punto cambiaranse os aparcamentos de batería a liña.

O goberno local tamén prevé o pintado da Rúa Loureiros en Portonovo.

Con esta actuación mellorarase a seguridade viaria neste punto coa reordenación das prazas de estacionamento e prevese limitar a velocidade a 20 quilómetros por hora. O aparcamento da Lanzada tamén se repintará nos próximos días debido ao importante estado de deterioración que presenta.