Sanxenxo contempla unha nova variante norte para desconxestionar a rúa Progreso

Sanxenxo
24 de abril 2019

En liñas xerais, o plan de mobilidade sustentable propón protexer as áreas urbanas e os núcleos rurais máis sensibles, dar prioridade nos desprazamentos a peóns e ciclistas e fomentar o uso do trasporte público

Concello de Sanxenxo
Concello de Sanxenxo / Mónica Patxot

O Concello de Sanxenxo presentou este martes o documento final do plan de mobilidade urbana sostible do municipio.

En liñas xerais, o plan propón protexer as áreas urbanas e os núcleos rurais máis sensibles, dar prioridade nos desprazamentos a peóns e ciclistas e fomentar o uso do trasporte público.

Algunhas das medidas propostas son de aplicación máis sinxela e rápida e outras contemplan actuacións cunha infraestrutura e investimento maiores.

Os principais proxectos estratéxicos contemplados son a Variante Norte de Sanxenxo para eliminar tráfico da rúa Progreso; novas conexións; os "eixos cívicos" rúa Madrid-Silgar, Portonovo e travesía de Vilalonga; aparcamentos turísticos de longa duración e disuasorios; unha zona de baixas emisións de Portonovo e finalmente os camiños escolares.

O prazo total de aplicación deste plan estímase para un horizonte temporal de dez anos.

En canto ás principais demandas recollidas pola empresa redactora nas diferentes reunións, atópanse a necesidade de acometer melloras de accesibilidade na estrada de Soutullo, para comunicar o núcleo coa zona litoral. Tamén a necesidade de mellorar a accesibilidade nas zonas das praias da Revolta - Montalvo, na zona de Major, e a conectividade dos núcleos do interior coa zona litoral (Sanxenxo - Portonovo) e Vilalonga.

Ademáis sinalan a demanda dun mantemento e da difusión das rutas de sendeirismo existentes e a falta de conexións peonís axeitadas en Bordóns, Dorrón, Nantes e Vilalonga.