Sanxenxo entrega os seus premios á "Calidade Turistica"

Sanxenxo
27 de xuño 2017

Este martes tivo lugar o acto de entrega dos distintivos do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos, a segunda edición dos premios "Sanxenxo Calidade Turistica"

Entrega dos distintivos do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos Concello de Sanxenxo

Este martes tivo lugar o acto de entrega dos distintivos do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos, a segunda edición dos premios "Sanxenxo Calidade Turistica".

Un total de 74 galardoados, dos cales 70 renovaban o distintivo e 4 foron novas incorporacións.

Cada ano noméase aos gañadores de cada categoría en base ás puntuacións conseguidas en cada apartado, non podendo volver resultar premiados a anualidade seguinte. No caso desta segunda edición os galardoados foron:

  • En aloxamento: Hotel Canelas.
  • En restauración: Mardivino Asador.
  • En comercio: Servinauta.
  • En servizos: Eolo Náutica.
  • En taxis: Teodoro Martínez.

 

Sanxenxo leva traballando como ente xestor do SICTED, desde o ano 2005, cando se adheriu ao proxecto nacional a través da asociación Vilas Mariñeiras.

Actualmente, conta con 115 empresas e servizos públicos distinguidos.