Sanxenxo quere ter en vigor a nova ordenanza de venda ambulante antes do verán

Sanxenxo
05 de febreiro 2020

O goberno local quere contar coa opinión dos vendedores para redactar o borrador, pero alerta que perseguirán condutas inapropiadas como dispersar residuos pola vía pública

O  Concello de Sanxenxo perseguirá aos vendedores que deixen neste estado o recinto do mercadillo
O Concello de Sanxenxo perseguirá aos vendedores que deixen neste estado o recinto do mercadillo

A ordenanza que regula a venda ambulante no Concello de Sanxenxo data do ano 1999 e o goberno local está decidido a actualizala de forma inmediata. Con este obxectivo, o concelleiro de Economía e Persoal, Marcos Guisasola, mantivo un encontro cos vendedores do mercadillo para indicarlles as liñas principais do novo documento e solicitarlles a súa achega para elaborar o primeiro borrador.

Sinalan desde o executivo municipal que durante este século tanto o comercio como o Comercio cambiaron moito polo que é urxente actualizar a regulación. Acaba de abrirse un prazo de 15 días para que os afectados fagan chegar suxerencias, logo redactarase o primeiro borrador para sometelo a un período de alegacións. Logo será votado no Pleno de marzo para que entre en vigor antes do verán.

Os mercados ambulantes celébranse os luns e os xoves e teñen moito arraigamento entre veciños e visitantes. Entre os aspectos que quere corrixir o Concello está a sucidade xerada polos vendedores. Ademais a concesión dos postos terá unha vixencia dun só ano.