Sanxenxo ultima a posta a punto das súas praias

Sanxenxo
11 de xuño 2017

A concellería de medio ambiente empezou a realizar unha posta a piques das praias de Sanxenxo para a tempada estival, cando o municipio recibe a maior afluencia de visitantes de todo o ano

Máquina limpa praias en Silgar
Máquina limpa praias en Silgar / PontevedraViva

A concellería de medio ambiente empezou a realizar unha posta a punto das praias de Sanxenxo para a tempada estival, cando o municipio recibe a maior afluencia de visitantes de todo o ano.

Esta semana os concelleiros Juan Deza, de Medio Ambiente e Alfonso Rea, de Servizos, acompañados polo alcalde, Telmo Martín, e Jaime Leiro como colaborador con experiencia neste ámbito, percorreron todos os areais do Concello, desde Areas ata A Lanzada, para facer unha análise das necesidades máis urxentes de cada un deles.

O obxectivo é que as praias poidan estar en condicións óptimas a partir do próximo 20 de xuño. O novo goberno quere que o próximo verán as praias poidan estar listas antes, en concreto a partir do 1 de xuño. Entenden que Sanxenxo ten que volver ser a referencia polo coidado e mantemento das súas praias.

As actuacións máis significativas que se van a realizar son as seguintes: 

  • Acondicionamento de accesos, con allanamento do terreo e bacheo, así como roza dos laterais.
  • Arranxos nos aseos fixos das praias de Areas, Baltar, Canelas, Montalvo, Pragueira, Major, Foxos e Areas Gordas, solucionando un problema de óxido que presentan os seus beirados e facendo unha posta a punto xeral dos servizos.
  • No Espiñeiro-A Lanzada instalarase un aseo. Ademais de repintar as prazas de persoas con discpacidade e ambulancia e instalar un sinal.
  • En Pragueira colocaranse uns bolardos para evitar que os vehículos aparquen encima da beirarrúa e interrompan o acceso. 
  • Acondicionamento do aparcadoiro de Bascuas. 
  • Retirada de gran cantidade de area que hai nos accesos e pasarelas de madeira de Montalvo.
  • Solucionar as escorrentías de auga que se producen en dous dos accesos de Canelas e acondicionamento das escaleiras metálicas desta praia.

 

Todos estes traballos realizaraos o persoal das concellerías de medio ambiente e de servizos de mantemento para que contarán a maquinaria necesaria: 1 motoniveladora, 1 pisón, 4 rozadoras e 2 tractores. 

Hai outros moitos traballos que realizar, como é o pintado e vernizado do mobiliario de praias, pequenas reparacións e colocado dos distintos elementos como cadeiras de vixilancia, pasarelas de madeira, módulos sanitarios, entre outros.