Primeira toma de contacto do novo goberno de Sanxenxo cos colexios do municipio

Sanxenxo
12 de xuño 2017

Coñecer as necesidades urxentes de cada colexio do municipio e revisar a situación na que se atopan cada un deles. Ese foi o obxectivo da visita que o novo alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, realizou aos centros escolares

Visita de Telmo Martín e Paz Lago a un colexio de Sanxenxo
Visita de Telmo Martín e Paz Lago a un colexio de Sanxenxo / Concello de Sanxenxo

Coñecer as necesidades urxentes de cada colexio do municipio e revisar a situación na que se atopan cada un deles. Ese foi o obxectivo da visita que o novo alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, realizou aos centros escolares.

Acompañado da concelleira de Educación, Paz Lago, o alcalde iniciou este luns esta rolda de visitas aos colexios públicos para presentarse oficialmente ás súas respectivas directivas e corpo docente.

Nesta primeira toma de contacto, Telmo Martín e Paz Lago estiveron no Cruceiro (Vilalonga), O Telleiro (Noalla) e Portonovo.

Ambos puideron falar coa dirección dos centros, parte do profesorado e mesmo con algún pai ou nai que se atopaba no colexio coincidindo co inicio das clases á primeira hora da mañá. 

Os tres colexios restantes, Nantes, Dorrón e Sanxenxo, serán visitados esta mesma semana.