Seaga revisará as franxas secundarias de todo Marín para reforzar a prevención de incendios

Marín
14 de xullo 2026

A campaña desenvolverase durante os próximos quince días e permitirá revisar o estado das franxas secundarias de todo o municipio nun momento de elevado risco de incendios forestais

Incendio forestal no Monte Pornedo (Marín)
Incendio forestal no Monte Pornedo (Marín) / Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo

O Concello de Marín xa traballa na prevención e defensa contra os incendios forestais a través do convenio coa Xunta de Galicia.

A actuación, que corre a cargo da empresa pública Seaga, consiste nunha revisión de todas as franxas secundarías do municipio para garantir unha correcta xestión da biomasa.

Serán dúas semanas de actuación para manter en perfecto estado os espazos que colindan coas vivendas e que, por tanto, supoñen un maior risco de danos sobre os bens materiais e as persoas en caso de incendios.

Esta será a segunda revisión destas franxas por parte de Seaga, que realizou unha primeira notificación aos propietarios das parcelas en setembro de 2023 para dar marxe para a limpeza das mesmas.

É un prazo tan longo, explican, pola dificultade que supón atopar empresas de desbroce e madeeiros para actuar en pouco tempo.

O obxectivo desta campaña de actuación é comprobar si leváronse a cabo os traballos de limpeza así como a retirada de especies pirófitas, principalmente eucalipto, piña e acacia.

Desde o goberno local aclaran que pretenden que non exista ningunha franxa secundaria inclumpliendo a normativa, polo que nos próximos 15 días estará o persoal da empresa pública realizando as comprobacións pertinentes en todo o municipio.

Doutra banda, apuntan que este traballo e o seguimento do convenio entre o Concello e a Xunta é fundamental para garantir unha boa xestión da biomasa.

Recalcan, ademais, a importancia de facelo nun momento no que as condicións climáticas provocan incendios máis incontrolables e violentos aínda.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora