Sanxenxo acollerá este domingo o I Congreso de Vivendas de Uso Turístico (VUTs) organizado por Aviturga (Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia) en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia.
O encontro nace coa intención de dar resposta ás principais dúbidas e retos aos que se enfrontan os pequenos propietarios deste tipo de aloxamentos e de crear un espazo de reflexión e diálogo sobre o futuro do sector.
A cita arrincará ás 10:30 horas coa inauguración na que intervirán a presidenta de Aviturga, Dulcinea Aguín; o concelleiro de Turismo, Juan Deza; o deputado provincial de Medio Ambiente e Mar, Marcos Guisasola; e o director da Axencia Galega de Turismo, Xosé Merelles.
Durante a xornada abordaranse tres grandes bloques temáticos que afectan directamente á xestión das vivendas turísticas como é o marco normativo e fiscal.
Nesta mesa de debate as relatoras serán: Natalia Landín, da firma xurídica Bértolo Avogados, e María Fandiño, asesora fiscal de Coyfi. Estas expertas analizarán os cambios lexislativos recentes e o seu impacto en propietarios, xestores e administracións.
Nunha segunda mesa analizarase a dixitalización aplicada ao modelo de alojativo.
Os relatores son Daniele Social, CEO de Krossbooking, e Javier Ortiz, CEO de Sextaplanta, que explorarán como a tecnoloxía está a transformar a xestión de vivendas turísticas.
Finalmente, abordaranse as VUTs como dinamizadores económicos.
Alfonso Solís e Luís Castro, propietarios de vivendas, contarán as súas experiencias e a súa contribución ao desenvolvemento local en Camariñas e Castro Caldelas.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.