Segue sen estar cuberto o posto de Pediatría do centro de saúde de Cuntis

Umia
16 de novembro 2018

Os veciños participaron na concentración convocada por todos os grupos políticos diante do centro de saúde manifestando así o seu malestar pola falta deste servizo no municipio

Concentración ante o Centro de Saúde de Cuntis
Concentración ante o Centro de Saúde de Cuntis / Concello de Cuntis

O alcalde do Concello de Cuntis, Manuel Campos, mantivo este venres unha conversación telefónica co xerente da área sanitaria de Pontevedra e O Salnes, José Ramón Gómez, que lle manifestou que de momento non teñen unha persoa que ocupe o posto de Pediatría no centro de saúde da localidade.

Os veciños participaron na concentración convocada por todos os grupos políticos diante do centro de saúde, manifestando así o seu malestar pola falta deste servizo no municipio.

As concentracións continuarán todos os venres mentras non se restableza o servizo de pediatría.