Despois dos días grandes das Festas do Carme, Seixo prepárase para coller a testemuña nas celebracións o venres 23 e o sábado 24 de xullo.
Os concelleiros Pablo Novas e Raquel Soage presentaron a programación festiva da parroquia acompañados de Manuel Solla, tesoureiro da Asociación de Comerciantes Marín Sur (ACEMAS).
As actuacións, a música e as actividades infantís serán protagonistas destas festas.
Así, esta previsto que o venres 23 ás 23.00 horas a contorna da Praza de Abastos conte coa animación musical do grupo Los Coleguitas. Pola súa banda o sábado de 11.00 a 14.00 horas haberá actividades infantís na Alameda e a partir das 12-30 horas ambientación musical a cargo de Os Saljariteiros na Praza de Seixo.
Por último, xa de noite, a Banda de Música Musimarín ofrecerá un concerto ás 21.00 horas e máis tarde, ás 23.00 horas, será o grupo Raúl & Cía o encargado de poñer o peche á programación na contorna da Praza de Abastos.