'Os Seráns con Alma Atlántica' regresan como a cita máis divertida do verán

O Salnés
01 de xullo 2025

Cunha proposta pensada para pasalo ben, o ciclo une música en directo e Alma Atlántica nunha contorna única, con excelentes vistas á Ría de Arousa dende a terraza de Bodegas Martín Códax

'Os Seráns con Alma Atlántica' volverán a encher de música, sorrisos e bo xorne a terraza de Bodegas Martín Códax
'Os Seráns con Alma Atlántica' volverán a encher de música, sorrisos e bo xorne a terraza de Bodegas Martín Códax / Bodegas Martín Códax

Este verán, a terraza de Bodegas Martín Códax volverá encherse de música, sorrisos e bo xorne cunha nova edición de Os Seráns con Alma Atlántica, o ciclo de concertos que celebra o espírito máis fresco, desenfadado e festivo da marca Alma Atlántica.

Cunha proposta pensada para pasalo ben, o ciclo une música en directo e Alma Atlántica nunha contorna única, con excelentes vistas á Ría de Arousa. A experiencia festivaleira trasládase a un formato máis próximo e vibrante, onde cada tarde se converte nunha auténtica festa para gozar con amigos, cantar, bailar e brindar á tardiña.

Este ano, cinco bandas tomarán o escenario para converter cada venres nun planazo irresistible:

- Broken Peach (11 de xullo): irreverentes, potentes e cun directo que é puro espectáculo, esta banda viguesa mestura soul e rock cunha posta en escena inesquecible.

- Braava Band (18 de xullo): versións actuais, ritmos bailables e moita conexión co público. Unha proposta perfecta para acender o ambiente.

- Miguel Sueiras (1de agosto): carisma e proximidade nun formato acústico que transforma grandes clásicos en momentos únicos de goce e emoción.

- Los Gin Toni's (8 de agosto): un bulebule de enerxía con himnos que todo o mundo canta. Diversión asegurada dende a primeira canción.

- Bafana Bafana (15 de agosto): frescura, ritmo e bo xorne nunha viaxe musical que percorre os grandes éxitos do pop, o rock e a música latina.

Este ano, como novidade, implántase un sistema de entradas. O acceso terá un custo de 10 euros, cunha consumición incluída, e poderá adquirirse a través de Ticketrona ou na tenda da adega o mesmo día do evento (segundo dispoñibilidade).

Cada cita ofrecerá servizo de barra, tapas deseñadas para a ocasión e, por suposto, toda a gama de produtos de Alma Atlántica, nun ambiente cómodo, relaxado e moi instagrameable. O aforamento limitado garante unha experiencia próxima e auténtica, na que cada detalle está pensado para gozar.

Os Seráns con Alma Atlántica non son só concertos: son tardes para desconectar, rir, brindar e celebrar o verán con boa música e sabor atlántico.

Programación de 'Os Seráns con Alma Atlántica'
Programación de 'Os Seráns con Alma Atlántica'Bodegas Martín Códax

 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora