Seres indóMITOs: Patricia Vilán

Pontevedra
19 de outubro 2025

Mito Meijón entrevista a Patricia Vilán, avogada pontevedresa que imparte clases na UNED de Pontevedra e que sempre estivo vinculada á actividade política

Patricia Vilán
Patricia Vilán / Guillermo M. Meijón-Corujo

Falar de Patricia Vilán é falar dunha muller con carácter, brillantez e unha humanidade que transcende calquera título profesional. Avogada de gran talento e amiga de corazón, Patricia combina rigor e proximidade dunha forma que a fai única. A súa palabra é firme, pero tamén xusta; a súa mirada é crítica, pero sempre desde o compromiso e a empatía. É desas persoas que suman, que inspiran e que fan que todo sexa un pouco mellor ao seu redor. Con Patricia nunca faltan a lucidez, a risa e a complicidade da boa amizade.

- Dime unha pregunta que non che gusta que fagan.

Que me pregunten que que tal concilio o laboral e persoal só por ser muller.

- Como é a túa relación con Pontevedra?

De adopción, eu xa estudei aquí desde pequena pero vivía en Arcade e non foi ata os 12 anos que nos instalamos aquí.

- Como te definirías?

Tenaz, feminista, progresista, traballadora…

- Con que xeración te identificas máis: baby-boom, X ou millenial?

Son da xeración X e aínda que me sinto a gusto, gústame tamén ter contacto con outras xeracións.

- Que características ten a túa xeración?

Vivimos os inicios da democracia, Naranjito… España empezaba a ser moderna e a sociedade avanzaba. Iso nos marcou profundamente.

- Que te motivou adicarte ao Dereito?

Pois na miña familia non había antecedentes, e despois de ter sido alumna de Conchi Piñón tiña moi claro que quería facer Filoloxía Hispánica, pero aquilo de que tiña poucas saídas fíxome acabar en Dereito e a verdade hoxe repetiría.

. Algún caso que levaras digno de ser contado?

Pois como anécdota lembro especialmente un divorcio no que se dividiu a partes iguais ata un xogo de café do Barça (risas).

- Que opinas do papel que xogan os medios de comunicación na percepción da xustiza?

O seu papel é francamente malo. É certo que o xornalismo ten unhas condicións de traballo bastante malas, que non lles chegan as horas para contrastar todo o que deberían en moitas ocasións, pero cando un caso se mediatiza… ves cousas que non se deberían ver.

- Tamén impartes clases na UNED tanto cos Senior como en Extensión Universitaria, que che achegan as aulas?

Ter os pés no chan. Recibir opinións de moitas persoas en cada clase. Eu din moitos anos clases aos seniors na UVigo tamén e era marabilloso. As miñas clases son moi prácticas, eles falan moito e a conexión é moi forte.

- Que é a amizade?

Regazo e agasallo.

- Se pudeses viaxar no tempo, irías ao pasado ou ao futuro?

Iría ao futuro a ver como se desenvolven os meus fillos cando eu non estea e ao pasado a vivir a transición.

- Unha parte da túa casa que che apeteza intervir?

Pois como fixen bastantes cambios, postos a facer outro, directamente mudaríame (risas).

- Dime unha canción que te emocione.

La chica de ayer.

- Frío ou calor?

Frío.

- Que hai despois da vida?

Nada.

- O último capricho que te deches?

Unha viaxe a Praga cos meus fillos.

- Cando dixeches por última vez "quérote"? A quen?

Esta mañá ao meu chico.

- A quen che gustaría ver nesta sección?

A Margarita Castejón ou ao meu pai.

- E por último, que vas facer en canto acabe a entrevista?

Irme facer a compra e para casa descansar.

Para Patricia, Pontevedra sabe a churros, cheira a mar, é de cor pedra e soa a xente na rúa. Definitivamente Patricia Vilán sente Pontevedra.

 

O CUESTIONARIO

- Nunca saio de casa sen… bolso

- Na miña neveira sempre hai… leite, ovos e sobras.

- No meu armario destaca… a roupa cómoda

- A idade é… asumir o tempo

- Sempre fun o ollo dereito de… a miña avoa materna

- Pontevedra ten alma de… cidade agradable

- Creo no… ser humano

- O ano que marcou a miña vida foi… o 2016

- O mellor agasallo que me poden facer é… tempo.

- O meu lugar no mundo é… unha casa con finca.

- Se non puidese vivir en Pontevedra viviría en… Arcade

- O meu momento favorito do día é… despois da cea.

- Pontevedra… podería dar máis de si.