A Denominación de Orixe Rías Baixas recibiu a visita dunha selección de sete prescriptores suízos dentro do proxecto europeo 'Building Awareness, Cultivating Trust: EU Quality Wines from Spain & Portugal', posto en marcha pola Organización Interprofesional do Viño de España (OIVE) coa coordinación da Unión Española de Catadores (UEC).
A Denominación de Orixe Rías Baixas é a protagonista desta xornada de hoxe que ten como obxectivo que o sete prescriptores suízos coñezan esta rexión vitivinícola atlántica, e que participen nunha charla introdutoria sobre esta denominación de orixe e nun túnel de viño con 46 marcas de Rías Baixas na sede do Consello Regulador.
Durante a mesma, os participantes probaron diferentes tipoloxías de viños como espumosos de calidade, viños con crianza, viños sen crianza de diferentes anadas.
Cataron viños das seguintes anadas: 2025, 2024, 2023 e tamén un 2022, outro 2018 e outro 2012.
Este grupo de prescriptores suízos está integrado por tres catadores, dous influencers de viño, un xornalista especializado en viño e gastronomía, e a directora e fundadora dunha páxina web de venda de viños en Suíza.
O mercado suízo ocupou a duodécima posición nas vendas internacionais desta Denominación de Orixe en 2025 con 140.844 litros e 1.109.830 euros.
De feito, Suíza é un dos mercados que se atopan nos plans de promoción deste Consello Regulador.