Sétima Feira converte o mercado nun fervedoiro creativo

Pontevedra
09 de abril 2017

Os alumnos da facultade de Belas Artes de Pontevedra tiveron este sábado un protagonismo especial na Sétima Feira, a actividade que se organiza de forma mensual para dar visibilidade ao potencial creativo da cidade e dinamizar o mercado de abastos. Todo este ámbito converteuse nun verdadeiro fervedoiro creativo

Sétima Feira dedicada aos alumnos de Belas Artes
Sétima Feira dedicada aos alumnos de Belas Artes / PontevedraViva

Os alumnos da facultade de Belas Artes de Pontevedra tiveron este sábado un protagonismo especial na Sétima Feira, a actividade que se organiza de forma mensual para dar visibilidade ao potencial creativo da cidade e dinamizar o mercado de abastos. Todo este ámbito converteuse nun verdadeiro fervedoiro creativo.

Ducias de persoas achegáronse ata o mercado para gozar da arte, da moda, da comida e da música neste entorno tan especial.

Os organizadores quixeron contar cos alumnos de Belas Artes que, dalgún xeito, tamén son os inspiradores deste proxecto.

Así, 12 dos postos deste fervedoiro foron ocupados por alumnado de grao e posgrado de Belas Artes e de Esdemga.

Participaron Ilustraciones Zurdas (ilustración), PaseLoQPase (xoiería e complementos), Miguel, Christian e Hose (ilustración), Raquel Fernández (serigrafía), Arze y De la Cage (ilustración), Sariusvecouture (téxtil), Belén Diz + Rebeca Lar (ilustración), Sheii Broullón (debuxos), Awa (serigrafía), Olalla Foto (fotografía), Kelapasa (prints), Ollo Musgo (bixutería), As + Cordero de Dios (téxtil), N 640 (fotografía e téxtil), Tundra (téxtil) e Patricia Blanco (gravados).

Ademais, os máis pequenos participaron nun obradoiro creativo da Escola Bauhaus, centrándose no artista Paul Klee que foi un dos profesores da escola de artesanía, deseño, arte e arquitectura. 

Toda esta actividade cultural e creativa estivo acompañada pola música da picadiscos Paca DJ y da música da tamén alumna de Belas Artes, Lorena Osorio.

O espazo gastro estivo xestionado nesta ocasión por El mono con sombrero.

A actividade completouse co traballo da artista Alba Blanco, que ilustrou 100 pezas únicas que se repartiron entre os catro locais que preparan o peixe, marisco, carne e legumes que o noso mercado ofrece e que os clientes poden levar para comer alí despois de compralos.