Os sindicatos UGT, CCOO e USO convocaron un paro laboral de 10 minutos para o venres 8 de novembro ás 12:00 horas en todos os centros de traballo do Estado, tanto públicos como privados.
Este acto desenvólvese, segundo os convocantes, en solidariedade coas persoas afectadas pola dana que azoutou a provincia de Valencia durante o pasado 29 de outubro.
A iniciativa, que conta co respaldo da patronal CEOE, ten un dobre obxectivo: expresar as condolencias polos falecidos.
Ao mesmo tempo quérese mostrar apoio a quen sufriron perdas patrimoniais ou enfrontan incerteza laboral, así como solicitar a mobilización de recursos públicos para protexer o emprego, a actividade económica e asistir os damnificados.
Os sindicatos convocantes destacan a importancia dunha resposta unitaria.
Entenden que con este acto, que se celebrará once días despois do desastre natural, están a contribuír na demanda da reconstrución das zonas afectadas.
Piden tamén a reparación ás vítimas e o mantemento do progreso social dentro do marco do estado de dereito.
O tres sindicatos convidan a que toda a cidadanía se concentre tanto nos Concellos como nos centros de traballo durante eses dez minutos.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.