Skate de altura para a tarde do sábado en Marín

Marín
24 de maio 2015

Na proba, organizada pola Asociación Marín Pro Riders, participaron 32 mozos chegados dende diferentes puntos de Galicia, que mostraron a súa habilidade enriba do skate

Participantes no Skate Contest, actividade do II festival Pro Riders de Cantodarea
Participantes no Skate Contest, actividade do II festival Pro Riders de Cantodarea / Diego Torrado

O Parque Azul de Marín acolleu este sábado a Skate Contest, unha actividade programada dentro do II festival Prol Riders Festas de Cantodarea.

Na proba, organizada pola Asociación Marín Pro Riders, participaron 32 mozos chegados dende diferentes puntos de Galicia, que mostraron a súa habilidade enriba do skate.

O gañador na categoría Open, Juan Castaño, recibiu un talón de 100 euros, mentres que o mellor na categoría sub18, Pablo García, recibiu un lote de material cedido polos patrocinadores deste concurso, Playground Store e Spotskate.

Esta proba atraeu numeroso público ata as inmediacións do parque.