Só catro dos 90 taxis que hai en Pontevedra están adaptados para persoas con mobilidade reducida

Pontevedra
04 de outubro 2017

Este mércores reuniuse a comisión que resolve esta convocatoria de subvención (5.000 euros por vehículo) á que se presentaron tres persoas

Parada de taxis
Parada de taxis / Mónica Patxot

O Concello de Pontevedra resolveu este mércores a convocatoria de subvención para a adquisición de vehículos novos adaptados para persoas con mobilidade reducida (ou adaptación de existentes) adicados a eurotaxis. Na reunión da comisión acordouse entregar dúas novas subvencións a dous propietarios de autotaxis por valor de 5.000 euros cada unha.

Foron tres os propietarios que concorreron a esta liña de subvencións. Dúas foron concedidas e a terceira foi rexeitada xa que aínda non ten a condición de eurotaxi, a pesar de que xa dispón do vehículo e está en tramitación de todas as licenzas pertinentes.

Na actualidade o Concello conta con 4 eurotaxis ou taxis adaptados, dunha flota actual de 90. A terceira opción que foi rexeitada na comisión deste mércores poderá presentarse á vindeira convocatoria, que será o próximo ano.

Esta é a segunda vez que o Concello publica este tipo de subvencións que teñen como obxectivo fomentar que a rede local de taxis adaptados a persoas con necesidades especiais.