Só dous usuarios e catro traballadores da residencia Soremay seguen con covid-19

Pontevedra
25 de decembro 2020

O brote de covid-19 na residencia de maiores Soremay está a piques de estar totalmente controlado. Nas últimas 24 horas foron dados de alta trece usuarios e dous dos seus traballadores. Así o confirmou a Consellería de Política Social

Residencia Soremay, no Gorgullón
Residencia Soremay, no Gorgullón / Cristina Saiz

O brote de covid-19 na residencia de maiores Soremay está a piques de estar totalmente controlado. Nas últimas 24 horas foron dados de alta trece usuarios e dous dos seus traballadores.

Así o confirmou a Consellería de Política Social, que informa que continúan coa infección activa dúas dos maiores residentes neste centro pontevedrés e catro dos traballadores que se contaxiaron.

Neste brote, que chegou a acumular ata 61 positivos entre usuarios e traballadores, faleceron seis persoas.

Esta, en todo caso, non é a única residencia da área de Pontevedra onde se rexistran positivos por coronavirus.

Segundo o balance publicado pola Consellería de Sanidade, na residencia de Vilaboa hai dez usuarios con covid-19, tras as dúas altas que se rexistraron desde onte, e seis traballadores.

Ademais, tamén seguen contaxiados oito traballadores da residencia DomusVi de Ribadumia.