Só unha das 22 alegacións pide un cambio de trazado para a Ronda Leste

Pontevedra
16 de decembro 2014

Concluido o periodo de alegacións ao proxecto de construcción da Ronda Leste de Pontevedra e ao expediente de expropiacións, os veciños afectados polo trazado presentaron 22 alegacións que están sendo estudiadas polos técnicos da Deputación para darlles resposta

Transporte especial PontevedraViva

Concluido o periodo de alegacións ao proxecto de construcción da Ronda Leste de Pontevedra e ao expediente de expropiacións, os veciños afectados polo trazado presentaron 22 alegacións que están sendo estudiadas polos técnicos da Deputación para darlles resposta.

Das 22 alegacións presentadas, só unha pide a modificación do trazado previsto propoñendo levar o novo vial por unha zona máis ao norte e máis alonxada do actual.

As demáis, son relativas aos bens afectados e á valoración que se estipula do solo no proxecto para os 63 propietarios afectados.

A Ronda Leste afecta a 33.473 metros cuadrados de 63 fincas, a 120 árbores, a 2 almacéns e a 2 edificacións en solo rústico.

A obra tén un orzamento de 2,5 millóns para construir unha nova vía de circunvalación de Pontevedra con dous carrís de 3,5 metros, arcéns de 1 metro e unha senda peatonal de 4 metros. Ao longo de 1 kilómetro, o proxecto inicialmente aprobado prevé a construcción de tres glorietas.