Soben as peaxes da AP-9 nun 5,34% a partir deste 1 de xaneiro

Pontevedra
01 de xaneiro 2025

Trasladarse desde A Coruña a Vigo chegará aos 20,45 euros, ao subir máis dun euro. Mentres que entre Pontevedra e Vigo subirá 0,25 céntimos. Segundo o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, o ascenso alcanzaría un 7,56% de non aplicarse as subvencións actuais

Peaxe da AP-9 Mónica Patxot

A autoestrada do Atlántico (AP-9) experimentará desde as 00:00 horas do 1 de xaneiro de 2025 un incremento nas súas tarifas do 5,34%.

Esta suba, segundo informa o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable, tería alcanzado o 7,56% de non aplicarse as subvencións gobernamentais vixentes.

O incremento afectará de xeito notable a tramos empregados por milleiros de vehículos liexeiros a diario:

  • A Coruña-Vigo: Alcanzará os 20,45 euros. Ata agora a tarifa era de 19,40 euros para un usuario dun vehículo lixeiro ao realizar este traxecto.

  • Pontevedra-Vigo: pasará a ter unha tarifa de 4,85 euros, 0,25 céntimos máis que na actualidade.

  • Pontevedra-Santiago: pasa de 6,85 a 7,20 euros, subindo un 0,35 céntimos.

Para compensar esta suba, o Goberno aprobou tamén melloras no sistema de bonificacións:

VEHÍCULOS LIXEIROS

Aumento do desconto por recorrencia do 20% ao 50% para usuarios que realicen máis de 20 viaxes mensuais.

Gratuidade en todas as viaxes de volta realizadas en 24 horas.

Mantemento dos tramos gratuítos existentes (circunvalacións de Santiago, Vigo, Pontevedra e Fene-Ferrol).

VEHÍCULOS PESADOS

  • Incremento da bonificación do 20% ao 50% desde a primeira viaxe.

  • Aplicable independentemente do sistema de pago e tramos percorridos.

O Goberno autorizou 81,6 millóns de euros para financiar os descontos en 2025.

O incremento de tarifas representará aproximadamente 11 millóns de euros e as novas bonificacións suporán un beneficio estimado de 27,6 millóns de euros para os usuarios.

Bonificacións en 2025 para a AP 9Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible

REQUISITOS PARA AS BONIFICACIÓNS

Para acceder aos descontos en vehículos lixeiros:

  • Uso obrigatorio do sistema de telepeaxe (Via-T).

  • As viaxes de volta deben realizarse nun prazo máximo de 24 horas.

  • O percorrido de volta debe ser igual ao de ida.

Segundo o Ministerio, desde xullo de 2021 ata setembro de 2024 rexistráronse máis de 66 millóns de tránsitos de vehículos lixeiros bonificados na AP-9. A eles súmanse preto de 14 millóns de vehículos pesados beneficiados

O Goberno sitúa o aforro total xerado de aproximadamente 141 millóns de euros para os usuarios

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora