O xerente da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, Jose Ramón Gómez Fernández, celebra que nos hospitais das comarcas xa non hai pacientes ingresados con Covid-19. "Temos 141 positivos con Covid na área sanitaria, todos eles en seguimento en domicilio e cada día que pasa o número está a diminuír de maneira clara", destaca o dirixente.
Con motivo deste logro, Gómez Fernández quixo agradecer o traballo de todos os sanitarios ao longo de todas as semanas de pandemia. "Como xerente gustaríame agradecer o esforzo e enorme implicación que tiveron os profesionais da área de todas as categorías", remarcou.
Malia que aínda queda un paciente hospitalizado no Hospital Quirón Domínguez de Pontevedra, o xerente aproveitou a súa comparecencia para poñer en valor cífralas da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés durante a pandemia.
"Somos a área sanitaria de Galicia con menor numero de falecidos, un total de 16, desde que se deu o primeiro caso o 11 de marzo", rematou Gómez Fernández.