Sorprenden un veciño de Vilagarcía furtando mobiliario urbano "por necesidade"

O Salnés
22 de marzo 2022

Nunha mesma noite, do parque da Xunqueira desapareceron sete tapas de arquetas, dúas reixas de fonte e varios cubos de papeleiras. O infractor dixo que o facía "por necesidade"

O vehículo "Multamóbil" da Policía Local de Vilagarcía de Arousa
O vehículo "Multamóbil" da Policía Local de Vilagarcía de Arousa

A Policía Local de Vilagarcía denunciou un home de 37 anos de idade tras ser sorprendido esta fin de semana despois de ter furtado diversos elementos do mobiliario urbano no parque da Xunqueira.

Ademáis, a acción delictiva deste home creou un problema de seguridade, ao tratarse das tapas de distintas arquetas e fontes, o que se uniron os cubos de varias papeleiras. 

Este home confesou aos axentes que "por necesidade" esas pezas entrégallas a familiares que logo as venden nunha chatarrería de Tarragona. 

Segundo informan fontes oficiais da Policía Local, os feitos sucederon na madrugada do sábado ao domingo, cando a patrulla recibiu, arredor das 5:30 horas, un aviso advertindo de que faltaban numerosas tapas de arquetas do parque da Xunqueira e os seus arredores.

O vixiante do centro comercial avisou que arredor das 2:30 vira un home arrastrando dous sacos cara unha esquina do parque, preto do muro do convento. Nese lugar foi localizado o autor de presunto roubo, con varios dos obxectos desaparecidos.

Os axentes ordenáronlle devolver todas as tapas ao seu sitio polo perigo que supoñía deixar eses ocos á vista e, vendo que aínda había máis que as tapas localizadas, chamaron ao servizo de emerxencias para sinalizar a zona. Os feitos foron postos en coñecemento da Policía Nacional.