SOS Panadeira salta á area política

Sanxenxo
02 de novembro 2014

A Plataforma SOS Panadeira iniciou unha "loita política" contra as obras do Club Náutico no porto deportivo de Sanxenxo, comezado unha roda de entrevistas, achegamentos e negociacións para intentar revertir a situación acutal que definen como " feito consumado"

O presidente da Xunta na Cadena Cope Cadena Cope

A Plataforma SOS Panadeira iniciou unha "loita política" contra as obras do Club Náutico no porto deportivo de Sanxenxo, comezando unha roda de entrevistas, achegamentos e negociacións para intentar revertir a situación acutal que definen como "feito consumado".

O pasado xoves membros do colectivo contactaban co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a través do programa La Linterna de la Cadena Cope.

Dende a plataforma destacan o "pouco éxito na comunicación por falta clara de apertura do noso presidente así como un sesgo claro da postura en favor duns cidadáns privados en contra do ben común, un desatino de encontro".

O mércores 29 os membros de SOS Panadeira foron citados polo grupo socialista no Parlamento galego. Actuaron de anfitrións Francisco Caamaño e Patricia Vilán. A plataforma recolleu o "compromiso de axuda en varias frontes de información e denuncia así como preguntas parlamentarias". A cita é cualificada como un "éxito".

Este venres 31 a europarlamentaria do BNG, Ana Miranda, acompañada polo representante local do Bloque, David Otero, foi informada das reivindicacións de SOS Panadeira cuxos membros afirmaron que este encontro "dará grandes bos froitos en breve".