SOS Sanidade Pública tamén pedirá na Deputación a retirada da modificación da Lei Galega de Saúde

Pontevedra
07 de decembro 2017

La plataforma SOS Sanidade Pública formalizó este jueves la primera de sus acciones reivindicativas en relación con la modificación de la Lei Galega de Saúde. Tal y como había anunciado, presentó por registro en el Concello de Pontevedra la moción tipo que pide que se debata en el pleno de la Corporación  

Integrantes de SOS Sanidade Pública acuden ao rexistro municipal
Integrantes de SOS Sanidade Pública acuden ao rexistro municipal / Mónica Patxot

A plataforma SOS Sanidade Pública formalizou este xoves a primeira das súas accións reivindicativas en relación coa modificación da Lei Galega de Saúde. Tal e como anunciara, presentou por rexistro no Concello de Pontevedra a moción tipo que pide que se debata no pleno da Corporación pedindo que se traslade á Xunta de Galicia a retirada desa modificación. 

"A partir de aquí, no resto dos concellos farán o mesmo, nos imaxinamos", indicou o presidente da Federación Castelao e portavoz de SOS en Pontevedra, Juan Loureiro, en alusión a que a súa intención é que estas mocións cheguen a todos os municipios da provincia.

Loureiro acudiu ao rexistro municipal acompañado por integrantes da plataforma como Víctor Pedreira, Anxo Rincón, David Carballal, Ramón Vidal ou Carmen Moreira e anunciou que tamén levarán a mesma moción á Deputación Provincial. 

Segundo deu a coñecer, cónstalles que tamén chegarán a municipios doutras provincias a través das distintas agrupacións de SOS Sanidade Pública. Todas as mocións buscan o mesmo obxectivo, a retirada do anteproxecto de modificación da Lei Galega de Saúde e que se desenvolva a propia lei, aprobada no ano 2008 e non chegou a aplicarse a pesar de que " é a que nos vale a todos" e ninguén pediu que se cambiase

Os integrantes deste colectivo insisten en que esta modificación da lei supón aplicar recortes no sistema público de saúde en favor da sanidade privada. 

A plataforma levará a moción para que se debata nas corporacións ao longo deste mes de decembro e ten previsto levar a cabo unha gran manifestación a finais de xaneiro de 2018 en Santiago de Compostela.