A concelleira de Igualdade e Benestar Social, Rosana Martínez Boullosa, e a técnica de Igualdade, Marga Taboada presentaron este venres a programación do 8M en Soutomaior.
Baixo a lema 'Heredeiras do sal', o Concello quere visibilizar o traballo das mulleres do mar que tan importantes foron e son na vida do municipio.
O acto central será o sábado 7 de marzo ás 20:30 horas no Multiusos de Arcade, onde se fará entrega do premio 'María a das mil Flores' a Estrela Cortegoso, primeira muller mariñeira da Confraría de Arcade.
Cortegoso foi elixida polo Consello feminista municipal.
Durante o acto proxectarase un documental sobre a súa vida e a súa relación co mar, finalizando coa actuación musical do Orfeón do Berbés.
A entrada é gratuíta até completar aforamento.
Dentro da programación do 8M está incluído un taller de artesanía con redes de mar no mesmo Multiusos, impartido por Redeiras Artesás. Será o 9 de marzo entre as 16:30 e as 20:30 horas.
As inscricións abren este sábado 28 de febreiro a través deste enlace.
Desde o Concello animan a todo a veciñanza a participar e formar parte desta cita.