Soutomaior cualifica de "éxito" a segunda edición do Encontro do Viño Colleiteiro

Soutomaior
31 de maio 2026
Actualizado: 19:02

A adega de María Sobral fíxose co primeiro premio, o segundo foi para O Rodeiro de Comboa e o terceiro ao Pazo María & Conrado

Segundo Encontro do Viño Colleiteiro de Soutomaior Concello de Soutomaior

Foi só a súa segunda edición pero "chegou para quedar", asegura o alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo.

O Concello fala de feito de "éxito" en tras o segundo Encontro do Viño Colleiteiro de Soutomaior.

Faino afimando que o certame reuniu máis dun milleiro de persoas entre o sábado e o domingo no Campo da Festa de San Benito, en Romariz, superando todas as previsións.

A adega de María Sobral fíxose co primeiro premio, o segundo foi para O Rodeiro de Comboa e o terceiro ao Pazo María & Conrado.

O Furancho do Pazo María & Conrado resultou gañador do 'Colleiteiro distinguido Soutomaior 2026', tras unha cata a cegas do xurado profesional.

O público asistente puido gozar estas dúas xornadas dos viños das adegas participantes: Furancho Linchú (Vela) , Furancho do Pazo María & Conrado (Comboa), Adega - Furancho do Músico (O Sobral), María Sobral (Romariz), Albariño da Baralla (O Val), A Casa de Lisa (O Sobral), Irmáns Lorenzo (O Sobral), Furancho O Maroco (Alxán), Aires de Verdugo (O Rial), A Peroxa (O Rial), Eido de Lombeira (O Rial) e Albariño do Rodeiro (Comboa).

Na zona gastro puideron degustar churrasco, polbo, ostras e petiscos de Caldius.

Ademais amenizaron a festa desde o escenario Francisco Castro e Valerio Araújo, a música de Bafana Bafana ou Madalena Gamalho.

"Este II Encontro do Viño Colleiteiro é unha mostra do orgullo que sentimos en Soutomaior polo noso patrimonio vitivinícola e polo traballo das persoas colleiteiras que, xeración tras xeración, manteñen viva unha tradición que forma parte da nosa identidade", sinalou sobre o evento a modo de valoración o alcalde de Soutomaior.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora