Soutomaior inaugura este sábado a humanización do Val-Sobral

Soutomaior
02 de marzo 2026

A actuación consistiu na adecuación de 800 metros de estrada e o acondicionamento de tres núcleos no tramo da actuación para a súa conversión en pequenas prazas

Manu Lourenzo e Pablo Garrido visitando as obras do Val Sobral
Manu Lourenzo e Pablo Garrido visitando as obras do Val Sobral / Concello de Soutomaior

O Concello de Soutomaior convida a todo a veciñanza a participar na inauguración da humanización do Val-Sobral que se celebrará este sábado 7 de marzo, na Praza da Chan, a partir das 12:30 horas.

O proxecto contemplou o asfaltado e a adecuación dun tramo de estrada de 800 metros desde A Chan, no Sobral, até a Chan de Moreira, en Lourido.

Ademais destes tramos, o Concello acondicionou tres núcleos máis ao longo de toda a zona de actuación, que actualmente funcionan como punto de encontro para os veciños do barrio.

Esas zonas o goberno local converteunas en pequenas prazas e espazos máis amables e humanizados para a convivencia da veciñanza.

O alcalde, Manu Lourenzo, destacou que é "un proxecto moi importante para o Val-Sobral e para Soutomaior e que trae consigo unha importante mellora para o barrio coa recuperación de espazos rurais".

O rexedor tamén sinalou que "os barrios de Soutomaior nunca contaron co nivel de investimento levado a cabo nos últimos dous anos".

Recordou que a esta hay que añadir la obra del ayuntamiento, que está en marcha, y los trabajos que se llevarán a cabo en otros barrios de Soutomaior y que "anunciaremos nos vindeiros días".

Así mesmo, Lourenzo sinalou que un dos obxectivos do seu goberno é "levar a cabo a transformación rural e urbana do noso concello para
mellorar a vida da veciñanza e converter espazos moi deteriorados en prazas coidadas onde a xente poderá vivir, relacionarse e desfrutar dos marabillosos espazos cos que contamos en Soutomaior".

Os traballos contaron cun investimento de preto de 160.000 euros do Plan +Provincia da Deputación.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora