As persoas maiores de 65 anos empadroadas no Concello de Soutomaior poderán ir gratis de excursión a Viana do Castelo (Portugal).
O alcalde, Manu Lourenzo, xunto ás concelleiras de Igualdade e Benestar Social, Rosana Martínez Boullosa, e de Promoción Económica, Rosana Comesaña, presentaron este luns a excursión, enmarcada dentro do programa RONSEL e prevista para o domingo 10 de maio.
A saída dos autobuses está prevista ás 10:30 horas, con paradas en casa Consistorial, Montesiña, Sobral, Aranza, Alxán, Val, Comboa, Moreira, Romariz, Lourido e Arcade.
A chegada a Viana está prevista ás 12:00 horas, onde os asistentes poderán gozar percorrendo as prazas e rúas desta cidade, coñecida pola súa rica tradición marítima e fermosa arquitectura.
Ás 13:45 horas está prevista a comida en Quinta da Presa, e pola tarde, ás 16:30, a verbena co Trío Tic Tac.
Tras a festa está previsto o regreso a Arcade-Soutomaior sobre as 20:30 horas.
As persoas que queiran inscribirse poderán facelo de maneira online a partir do mércores 15 de abril ás 9:30 horas a través deste enlace. O prazo pecha o 27 de abril ás 14:30.
O Concello ofrece asistencia nas Oficinas Xerais (Soutomaior, 9:00-14:00) e Servizos Sociais (Multiúsos Arcade, 9:00-14:00) para as persoas que necesiten axuda coas incripciones en liña.
Ademais, quen necesiten ir acompañadas, deberán presentar xustificante médico xunto á inscrición, acreditando esta necesidade. A persoa acompañante tamén terá que inscribirse para que quede reservada a súa praza.