Sufocado un incendio nun garaxe da Rúa Nova de Arriba

Pontevedra
22 de maio 2023

O lume iniciouse sobre as tres e media da tarde deste luns. A voz de alarma deuna a responsable da Peluquería EMI, un establecemento lindeiro co seu local. As lapas saían con forza por unha das xanelas do baixo

Incendio nun garaxe da Rúa Nova de Arriba
Incendio nun garaxe da Rúa Nova de Arriba / PontevedraViva

Os Bombeiros de Pontevedra sufocaron un incendio nun garaxe da Rúa Nova de Arriba.

O lume iniciouse sobre as tres e media da tarde deste luns. A voz de alarma deuna a responsable da Peluquería EMI, un establecemento lindeiro co seu local. As lapas saían con forza por unha das xanelas do baixo

Ao chegar os efectivos do parque de Bombeiros de Pontevedra tiveron que forzar o portalón do garaxe para poder acceder ao interior do recinto en chamas. Entraron reptando pois a porta non chegou a abrirse do todo.

Estaban a arder unha serie de palés de madeira gardados neste baixo que tamén serve de almacén para outro negocio co que está comunicado. Neste caso trátase do local da Herboristería Baquero-Guillén na rúa Echegaray, que se dedica ao "tarot, lectura de cartas e sanación física e espiritual".

Unha vez sufocadas as chamas e extinguido o lume os bombeiros procederon á ventilación do recinto e á retirada de obxectos que puideren supoñer un perigo como cristais todos ou danados.

A intervención dos bombeiros foi seguida con preocupación pola propietaria do local e a súa filla.

Mentres se produciu esta intervención a Policía Local acordoou a zona e procedeu ao corte ao tráfico do carril que comunica a rúa Echegaray co Paseo de Colón.