O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e concretamente a sección terceira da Sala do Contencioso Administrativo, resolveu nun auto suspender de forma cautelar a autorización do parque eólico de Porto Vidros, situado nos municipios de Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade.
Esta suspensión refire á autorización administrativa e a autorización de construción que outorgou a Xunta de Galicia á empresa Naturgy Renovables SLU e contra a que recurriu xudicialmente Ecoloxistas en Acción Galiza. O auto para tomar esta decisión atende a "os principios de cautela, prevención e precaución en materia ambiental".
Para tomar esta decisión o tribunal tivo en conta unha sentenza ditada polo Tribunal Supremo no mes de decembro do ano pasado. Nesa sentencia o Supremo adaptaba os criterios á hora de decidir sobre medidas cautelares que afectaban a parques eólicos.
Desde entón ata o mes de marzo emitiu 21 suspensións cautelares fronte a tres cuxas solicitudes nese sentido desestimou e que corresponden en dous casos a causas procedentes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
A medida cautelar acordada, cuxo auto ten data do un de marzo, é de inmediato cumprimento e cabe recurso de reposición durante o prazo de cinco días desde a notificación.
Xunto a esta suspensión cautelar, o TSXG emitiu outras tres suspensións cautelares para proxectos eólicos na provincia da Coruña, Lugo e Ourense.