O Centro Social de Novacaixagalicia acolleu este luns a gala final da sexta edición do concurso PontedeTapas.
Durante algo máis de tres horas os cociñeiros dos locais finalistas elaboraron en directo as súas tapas e cócteles ante o público para que un xurado profesional (Benigno Campos, Eva Pizarro, Nieves Rodríguez e un representante de Galicia Calidade), presidido polo xefe de cociña Estrella Michelín Pepe Solla, elixise os gañadores en cada unha das modalidades.
TAPA CREATIVA
- Loaira, por "Boletos Edulis, xema de ovo e escuma de pataca trufada"
- El Cafetín, por "El huevo de otoño"
- Meigas Fora, por "Coello come castañas"
TAPA TRADICIONAL
- Taberna Zentola, por "Tosta crocan-t-d-bacón"
- Taperia A Trigueira, por "Filloas da Leña"
- Sidrería Montañés, por "Vieira con torresmo e crema de fabas de Lourenzá"
CÿCTELES
- Cervecería PTV, por "Picnic de xenebra"
- Pub Marilyn, por "Amarelo Marilyn"
- Flanagan Cocktail, por "Finoca"
PREMIOS ESPECIALES DO PÿBLICO
- Tapas: Aleph
- Cocteles: Chirala.
A gala concluiu cunha exhibición de coctelería acrobática a cargo da Asociación Galega de Barmans.
LOUZÁN NON RECOLLEU O SEU PREMIO
Ademais do concurso de Cócteles e Tapas, na gala de PontedeTapas tamén se entregaron os premios aos clientes agraciados no sorteo.
Había grande expectación xa que un dos agraciados era o presidente da Deputación, Rafael Louzán, pero o mandatario popular non acudiu a recoller o seu cheque de 350 euros. A organización enviarallo. El xa adiantou que o doará ao comedor de San Francisco.
O resto dos afortunados se acudiron á cita e foron Candela González, que gañou a viaxe a Viena; José M. González Abal (400 euros); Francisco Tilve (300 euros); Carlos Nieves Martínez (250 euros); Mónica Cangas e Lourdes Arias (200 euros), e Luz Rosales e Ubaldo González (100 euros). Todos poderán gastar ese diñeiro no comercio local. Mentres que Pablo Yarza, Edelmiro Alejandre e Nuria Magdalena, deberán gastar os 200 euros que gañaron na Praza de Abastos.