Tallan e retiran da Alameda un carballo de 25 anos que secara

Pontevedra
27 de maio 2023

O exemplar secou, segundo os estudos realizados, como consecuencia dunha praga de fungos e outras debilidades. Desde o Concello garanten que esta árbore, que estaba nas inmediacións do Cafetín, será reposto nas próximas semanas

Traballos para retirar un carballo da Alameda Concello de Pontevedra

Os servizos técnicos do departamento municipal de Desenvolvemento Sostible decidiron tallar e retirar da Alameda unha das árbores, que estaba completamente seca.

Trátase dun carballo de medianas dimensións, plantado hai uns 25 anos.

O exemplar secou, segundo os estudos realizados, como consecuencia dunha praga de fungos e outras debilidades.

Desde o Concello garanten que esta árbore, que estaba nas inmediacións do Cafetín, será reposto nas próximas semanas.