O Francisco Gorostidi é un bote salvavidas modelo Beeching Peake, deseñado en 1850 para o rescate marítimo. Fixo a súa proba de mar na xornada do martes e xa foi cargado nun transporte por estrada que o levará dende as instalacións do estaleiro grovense dos irmáns Garrido ata augas do Mediterráneo.
Concretamente viaxará ata o Ajuntament de Calafell, onde substituirá ao bote centenario do que dispoñía a localidade como nova xoia do seu patrimonio marítimo histórico sendo exposto e realizando exhibicións no mar.
Despois de gañar a convocatoria deste concello catalán, Astilleros Garrido comezou en novembro os traballos para a construción desta embarcación de 10 metros de eslora, practicamente inafundible e auto-adrizante.
Con esta finalidade esta carpintería de ribeira presentou melloras construtivas ao proxecto a fin de reducir o mantemento do bote, así como facilitar a súa conservación e mantemento, como pode ser o casco de madeira laminada en tres forros.