O Teatro Principal, sen prazo de reapertura: "Non é fácil atopar escaioladores de garantía"

Pontevedra
20 de abril 2026

A caída dun falso teito o pasado 20 de marzo obrigou ao Concello a realizar obras de urxencia no recinto. O prazo da reapertura dependerá "das situacións técnicas que se adopten"

Visita ás obras de emerxencia do Teatro Principal
Visita ás obras de emerxencia do Teatro Principal / Concello de Pontevedra

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, informou este luns do avance das obras de emerxencia para liquidar os problemas do Teatro Principal despois da caída do falso teito o pasado 20 de marzo.

O rexedor subliñou o compromiso do Concello para recuperar o espazo, destacando que o teatro "é un activo importantísimo para a cidade e a cultura do concello. Queremos arranxalo canto antes para que estea a disposición dos pontevedreses".

Obras en el Teatro Principal
Obras no Teatro PrincipalPontevedraViva

Entre as actuacións xa realizadas está o levantamento da sala de butacas do auditorio, que foi necesario quitalas para pór as estadas para arranxar o falso teito, e séguese traballando nas obras do ascensor, baños e a impermeabilización das terrazas.

"Vaise a cambiar toda esa escaiola e posteriormente incorporar as butacas. Non sabemos de que maneira, pero necesitan un arranxo ou a súa substitución completa. Aínda non se decidiu", adiantou Fernández Lores.

Explicou que os técnicos están a estudar as diferentes opcións para repor o teito, primando ante todo a seguridade e a garantía de que a acústica sexa acorde cun recinto destas características.

Ademais, aproveitando a ausencia de asentos, limparán e vernizarán o solo de madeira do patio de butacas para que quede en "perfecto estado de revista".

Visita a las obras de emergencia del Teatro Principal
Visita ás obras de emerxencia do Teatro PrincipalConcello de Pontevedra

O alcalde evitou fixar prazos exactos para a reapertura (nun principio o prazo estimado de execución era de seis meses), xa que aínda que a decisión política é que hai arranxalo "urxentemente" os tempos dependerán "das solucións técnicas que se adopten, da dispoñibilidade do persoal e de que as empresas especializadas garantan un traballo ben feito".

Pola súa banda, o arquitecto municipal, explicou que xa se realizou un escaneo 3D para contar cun levantamento preciso a través dun estudo de puntos, que permitirá coñecer as formas dos falsos teitos de escaiola que deben ser substituídos, ben mantendo o mesmo material, ou ben substituíndoo por madeira.

En todo caso, indicou que agora mesmo o problema é a man de obra porque "non é fácil atopar escaioladores de garantía" e, aínda que o proceso é "moi complexo", non descartarían utilizar madeira xa que o comportamento acústico "é parecido e non haberá diferenzas".

Obras en el Teatro Principal
Obras no Teatro PrincipalPontevedraViva