Técnicos municipais investigarán a orixe das verteduras que contaminan as augas da praia de Raxó

Poio
15 de xaneiro 2017

O goberno local de Poio deu a orde para que os técnicos municipais investiguen a orixe da contaminación microbiológica detectada nas análises que a Xunta levou a cabo nas augas da praia de Raxó durante o últimos seis meses

Praia de Raxó
Praia de Raxó / PontevedraViva

O goberno local de Poio deu a orde para que os técnicos municipais investiguen a orixe da contaminación microbiolóxica detectada nas análises que a Xunta levou a cabo nas augas da praia de Raxó durante o últimos seis meses.

A principal hipótese coa que traballan no Concello de Poio é que existen verteduras "puntuais" no regato de pluviais que desemboca no areal, algo facilmente solucionable.

O alcalde, Luciano Sobral, entende que pode existir algún fallo na conexión dalgunha vivenda ou empresa que provoque que as augas sucias acaben no regato.

Luciano Sobral lembrou o sucedido o ano pasado nun tramo situado na curva de Rabo de Porco onde se detectou contaminación por fecais por este motivo, é dicir, había varias vivendas que tiñan as súas tubaxes conectadas ao regato.

Unha vez que se detecte o problema o goberno local de Poio pretende vixiar todo o percorrido do arroio para evitar outro tipo de verteduras, esta vez intencionadas.

A terceira medida posta en marcha polo consistorio poiense foi a solicitude a Costas da reparación do tubo emisario que desemboca nas proximidades da praia.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora