Telmo Martín garante maior seguridade no porto deportivo de Sanxenxo

Sanxenxo
20 de xuño 2017

O porto deportivo de Sanxenxo contará este verán cunha maior presenza da Policía Local na zona. Así llo prometeu o alcalde, Telmo Martín, aos propietarios dos locais comerciais que están situados nestas instalacións

Locais de hostalería no porto deportivo de Sanxenxo
Locais de hostalería no porto deportivo de Sanxenxo / Mónica Patxot

O porto deportivo de Sanxenxo contará este verán cunha maior presenza da Policía Local na zona. Así llo prometeu o alcalde, Telmo Martín, aos propietarios dos locais comerciais que están situados nestas instalacións.

Martín, que se entrevistou un por un con todos eles, prometeulles unha maior seguridade e pediulles, pola súa banda, axuda para colaborar na solución dos problemas que se produciron nos últimos tempos.

O obxectivo do encontro era intercambiar opinións en relación aos problemas de seguridade que se produciron nos últimos tempos.

Ambas as partes coinciden en que a movida nocturna forma parte da oferta dun destino turístico e, por tanto, é necesario garantir que se desenvolva en base a criterios de calidade e orde.  

Iso si, Telmo Martín matizou que o que hai que facer para que sempre sexa así é actuar sobre as persoas que se comportan de maneira incívica e xeran problemas de orde pública. 

Os propietarios, en correspondencia ao esforzo que vai facer o Concello, mostráronse dispostos a colaborar para mellorar a seguridade ao redor da movida nocturna.