Telmo Martín sae en defensa de Juan Carlos I cargando contra "el simplismo y el populismo que nos gobierna"

Sanxenxo
05 de agosto 2020

O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín saíu este mércores en defensa do rei emérito Juan Carlos I despois que o monarca anunciase que abandonara España coa intención de establecer a súa residencia no estranxeiro

Telmo Martín defende a Juan Carlos I /
O rei emérito, Juan Carlos I con Telmo Martín e Pedro Campos
O rei emérito, Juan Carlos I con Telmo Martín e Pedro Campos

O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín saíu este mércores en defensa do rei emérito Juan Carlos I despois que o monarca anunciase que abandonara España coa intención de establecer a súa residencia no estranxeiro.

"Me parece un error y una tremenda injusticia", lamentou Telmo Martín que esta decisión é "un síntoma del simplismo y el populismo que nos gobierna".

Segundo o alcalde de Sanxenxo "en ningún otro país del mundo hubieran forzado la salida de un rey que hizo posible que España pasara de una dictadura a una democracia".

Finalmente, o alcalde do PP reitera que "en ningún caso" tería que darse esta situación, "ni aunque fuera culpable de todo lo que se dice. Que no lo es", sentenza.